¡Ola! Somos LA MARELA

Un estudo de fotografía creativo, fresco e directo.


Image
Image

La MarelA é un estudo creativo localizado en Galicia e como non podía ser doutra forma  queriamos que o noso nome fixese referencia a algo moi noso; La MarelA é probablemente un dos elementos máis icónicos na paisaxe desta terra tan nosa e que tanta "morriña" nos produce cando estamos lonxe.

Somos dous apaixonados pola fotografía, amantes da creatividade, o deseño e a arte e levamos máis de 18 anos cunha cámara nas nosas mans.

Unha parte de nós aínda pensa en papel e lapiz, carretes e cuarto escuro. Non somos un estudo creativo dixital convencional; traballamos en dixital e pensamos en analóxico, tivemos a sorte de formarnos co mellor dos dous mundos.

La MarelA nace nun momento difícil e cheo de incerteza no que moita xente diríanos que é mal momento para empezar con este proxecto, que mellor esperar a que todo estea máis tranquilo …. Ao que nós como bos galegos contestaremos: cun “ maloserá” e rematado cun “nunca choveu que non escampara”; porque así somos nesta terra, traballadores, perseverantes e positivos, e pensamos que non hai problema que non teña solución nin labirinto sen saída.

E con esta filosofía nacemos, sabendo que un proxecto é tan fácil ou difícil como un queira velo e porque cremos non hai imposibles se se poñen ganas e creatividade.

Benvidos a La MARELA